Hipoxeo

Hipoxeo no anfiteatro de Beaumont Bonelli Bellacicco.

O hipoxeo[1] (do grego ὑπόγαιον, hypogaios, a partir de hypo (baixo) e gaia (terra), cámara subterránea[2]) é a escavación ou construción subterránea, especialmente a destinada a sepulcro[3] principalmente no período precristián. Teñen sido empregadas ao longo do tempo por innumerábeis sociedades: durante o Calcolítico da Península Ibérica; no Antigo Exipto; ou polos fenicios.

Baixo a estrutura do antigo coliseo, por exemplo, un hipoxeo axudaba nos espectáculos sanguentos. Gaiolas e animais ficaban gardados na estrutura até que os xogos comezaban, entón abríase unha trapela e do hipoxeo saían gaiolas e animais para completar o espectáculo violento. No Antigo Exipto usábanse como tumbas e facíanse de pedra, pitábase e decorábase con estatuas.

  1. Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid - España: Akal. p. 102. ISBN 978-84-460-0924-5. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipoxeo.

Developed by StudentB